O blog de Tino

Toronto

Maio 5th, 2009 · 10 Comments

Moito para pasear, ver, e perderse….

aínda que algún non o crea, subín a CN_Tower, son máis de 350 mts, xa no ascensor, vesea través de cristais que hai no piso… como vas despengando… levalle 58 segundos !!

e unha cidade de moitos contrastes, arquitectónicos e o primeiro que chama a atención, a diferencia entre os barrios, a xente, as diferentes tribus urbanas coas que te cruzas,…  e a máis grande e cosmopolita da zona este de Canadá

cn_tower glass_bottom contrastes

por non mencionar a experiencia de conducir un Mazda 3 automático, polas estradas e pola cidade, todo un reto!

→ 10 CommentsTags: Cidades Visitadas

Recepcion na Embaixada de España

Abril 30th, 2009 · 10 Comments

Bos días a tod@s

Hoxe ás 13:00 temos unha Recepción na Embaixada de España,… xa vos contarei..

aquí está a testemuña de que cheguei á embaixada, por certo, á saída había un Audi A8 na porta……

e cando Diego teña a ben enviarme a foto, mostrareivos a que fixemos dentro…

spanish_embassy

sempre que deades sinais de vida e non marchárades todos de fin de semana.. nada, nin caso… non sei para que falo..

saúdos

→ 10 CommentsTags: Ottawa 09

EOI Galego 2 Avanzado, de 5 a 7 – A Coruña

Abril 29th, 2009 · 9 Comments

que pasa… non sabemos facer un comentario sobre os artigos e fotos tan marabillosas que vos ensino de Canada??

ou son eu o unico que vos bota en falta?? jeje

un saudo a tod@s

→ 9 CommentsTags: Canada

Saudo aos compañeiros do SP – Ferrol

Abril 29th, 2009 · 8 Comments

debedes estar a traballar arreo no proxecto final…

pero tomadevos uns minutos de descanso e dade sinais de vida..

oistes? isto vai por Fernando (levo algun material de Ciencias en Ingles a ver si te animas…), Cristina e Javier….

→ 8 CommentsTags: Ottawa 09 · Ridgemont

Surprising Quebec, eh !

Abril 28th, 2009 · 4 Comments

pasear por unha rúa peatonal e ver a xente sentada nas terrazas a tomar unha cervexa e envolta nestas mantas facilitadas polo establecemento non deixa de chamarnos a atención…. porque ademáis non é que fixera frío….

mantas sirop_sur_neige carruaxes

ou ver como verten un pouco do seu produto típico «sirope de arce» sobre a neve e deseguido cun pao coma se fose un polo, vanlle dando voltas e forman un caramelo do máis sabroso…

vense moitas carruaxes, mesmo teñen un parking para elas… e fan recorridos turísticos e guiados…..

→ 4 CommentsTags: Cidades Visitadas

La ville merveilleuse de …. QUEBEC

Abril 27th, 2009 · 15 Comments

Bos días, aquí ando de novo…. de volta da fin de semana tan completa que pasamos en Quebec, definitivamente é outro mundo…

Saímos o venres as 15:15 en tren ata Montreal, fixemos trasbordo e collemos outro tren aínda mellor (e todo en clase económica) que nos levou a Quebec, chegamos aló a iso das 21:15

Un pequeno paseo e chegamos ao Auberge International de Quebec, un Hostel para xente aventureira coma nós, porque lanzarse a un mes en Canadá, aloxado nunha familia, non ten outro nome… non si?

aventureros montmorency_fall chateau_frontenac downtown murales chourizos

A verdade que o aloxamento estivo ben, limpo, o almorzo ben completo e a un prezo reducido…

Pero o mellor era o ambiente que se respiraba nas rúas, e poder ir cear a un restaurante ás 11 da noite!! e despois ir tomar unha copa…  con isto xa está todo dito…

o sábado, erguémonos cedo para poder visitar a catarata de Montmorency, que se vos fixades na foto abaixo a dereita, aínda hai unha pequena montaña de xeo, volta á cidade onde destaca pola sua belleza e monumentalidade o impresionante Hotel Chateau Frontenac, continuamos a visita polo Downtown, con tempo de facer compras e pasear….

xuntamonos de novo para cear, recomendado o menú quebecouse (non sei se acertei a escribilo ben), paseo, copa e ….. a durmir, que o que queda para o final escoita os harmoniosos ronquidos do músico do grupo… ;-) )

e aínda nos quedou tempo de pasear algo o domingo, ver os murais nas paredes das casas, todo unha obra de arte,  antes de coller o tren ás 13:00 de volta para Montreal

aqui merece unha Mención de Honra os chourizos traídos dende Becerreá por Fernanda, penso que non hai palabras dabondo para agradecerllelo xesto de compartir con nós esa «deli»….   Grazas Fernanda !

xa en Montreal, un paseo pola cidade subterránea de case unha hora e media, na que algúns aínda aproveitamos para facer algunha compra, e continuación cara Ottawa, chegando ás 20:00… iso si… eu á miña casa cheguei ás 21:15, pois aquí os buses os domingos son do máis relaxado que hai…

EH !     que queredes fotos?.. pois dade sinais de vida…..

chaooo

→ 15 CommentsTags: Cidades Visitadas

I’m not these qualified as substitute teacher

Abril 23rd, 2009 · No Comments

Hai algo que non funciona neste programa, e hoxe vivín a seguinte experiencia:

- a convocatoria decía que non tiñamos obrigas lectivas –> Correcto

pero iso non pechaba a porta a que se o noso titor, que eu a falta de 1 teño 2, nos ofrecía preparar algo da nosa materia e explicarllo aos alumnos o fixeramos, e así foi a clase do outro día de NVU co grupo do grado 10 -periodo 1, co Profesor Mr. Lacroix, Alain

e mesmo a titora que teño para o 3 e 4 periodo, Ms. Amor, Shelly, propuxo facer unha actividade conxunta sobre páxinas web a próxima semana

pero, resulta que hoxe o profesor titular non podía vir porque tiña que ir ao medico, e onte preguntoume se había algún problema en quedarme eu só cos alumnos na clase traballando nos «collage» que teñen que facer, e que eu estou compilando nunha páxina web, e todo ben,… ata que a iso das 9:20 aparece unha profesora enviada pola Directora=Principal, Ms Bada, Mary to tell me that I can’t stand with students in the class because I AM NOT SUPPLY TEACHER, que non estou habilitado…

e que sentíndoo moito, e como sempre cun sorriso, non se podían «Skipping the procedure» = Saltarse as normas…

se a isto lle sumamos que o martes deixoume de funcionar a conta de usuario e tiven que sobrevivir gracias ás miñas dotes de comunicación e a xenerosidade dalgúns profesores (dos que por suposto non vou dar nomes por se lles supón algunha sanción)….

que o martes tentei falar coa Principal e non me puido recibir, pero falei e por dúas veces co Vice-Principal, Mr Lafleur, Mark, quen suxeriu ao final do día que o intentase de novo o mércores que ao mellor funcionaba, que caso de non facelo xa tería tempo de falar coa Directora

o mércores, máis do mesmo, pero esta vez planteime na oficina dela, dixéronme que me avisarían cando estivese libre, pero díxenlles que non había presa (e non iba saír dalí ata conseguir falar con ela), foi xenerosa e en 10 minutos, atendeume moi amablemente, sorriso na cara, que era coñecedora do meu problema, e que falase co Mr Novak, Carl, que xusto onte non estaba…

hoxe cando nos deportaron á cafetería para traballar cos apuntes que o profesor deixa preparados para cubrir estes días de Imprevistos ou Asuntos Propios, aos 15 minutos de estar na cafetería xa saín na busca de Mr Novak, quen aínda non chegou ao centro…  e van e me preguntan se non quedo cos alumnos para aclararlles dúbidas ????

a ver, estou ou non habilitado?

díxenlle o que me respostaron eles cando lles preguntei que tiñan que facer coas follas que lles deron ( e non era metelas no ….) que xa o sabian facer !!, por certo lévoas para que vexades que actividade lles propuxeron.. (no comments)

pero grazas á intervención da profesora que me foi sacar da aula (que non sei o seu nome e non está no cadro de Foto de familia que hai na sala de profesores) e Ms Amor, conseguín a conta e contrasinal dun alumno que non ven a clase neste segundo semestre e podo estar contándovos isto…

e así estou, mudando o chip, para empezar a disfrutar un pouco da miña estancia, poñendo a orella o máis que poida, e sendo un perfecto «shadow teacher»…

claro que a páxina web, vouna seguir facendo cando estea o profesor titular, e se podo axudar en algo a outra titora, tamén, pero no tocante a Direccion, mañá venres, cando vaiamos á empresa organizadora-coordinadora da nosa estancia en Ottawa, voulles deixar moi claro o sucedido….

e unha copia desta entrada no blog, traducida ao castelán, penso enviala á empresa Red Leaf en Madrid

Ben, xa botei fora os sapos…

Agora ven o lunch, e borrón e conta nova

saúdos

→ No CommentsTags: Ridgemont

Library ou Biblioteca

Abril 23rd, 2009 · No Comments

Se antes falo do funcionamiento da biblioteca no blog, e lle fago un guiño a direccion, … non pasaron 48 horas e xa houbo unha reunion e ademais hai manuais de funcionamento…. iso si que e efectividade     GRAZAS   ;-) ))

→ No CommentsTags: Ridgemont

Interesting activities all around the world

Abril 23rd, 2009 · 8 Comments

logo_vancouver_2010 logo_vancouver_2010_paralympicsEstos son os logos dos próximos Xogos Olímpicos de Inverno do 2010, o primeiro logo representa a escultura típica utilizada polos INUITS que lles indicaba a dirección a seguir,  terán lugar na cidade de Vancouver, onde a estas alturas e faltando 9 meses xa está todo reservado…  que non hai habitacións dispoñibles,… está visto que en todas partees cocen fabas…

A falta de publicidade, e para os máis viaxeiros, aqui van unha serie de actos, que por ser organizados por amigos, se vos cadra de camiño, vos invito a visitar….

Empezaremos polos anfitrións, aquí en Ottawa, Canadá, e do 1 ao 18 de maio gozaremos do Festival dos Tulipáns, ou como din eles: Tulip Festival – Festival des Tulipes, lembrade que esta cidade é bilingüe inglés-francés

tulip_festival tulipanes_1 tulipanes_2

teñen un medidor do nivel de floración dos tulipáns na páxina web http://www.tulipfestival.ca/ , comprobadeo….

En Buenos Aires – Arxentina: copate13ª Feria del Diseño, preguntade por Marisa Alvarez.

e o próximo 16 e 17 de maio, outra feira, aqui tedes o cartel: vasalisa-noa-mayo09

→ 8 CommentsTags: Canada

The Ottawa Citizen – Canada 2009

Abril 22nd, 2009 · No Comments

aquí van unha serie de enlaces a artigos, que estan saíndo estes días na prensa:

- Fracaso escolar, tema novidoso onde os haxa…

http://www.ottawacitizen.com/News/Students+aren+failing+system+teachers/1520140/story.html

- Falta de control nos contidos das páxinas web e o seu libre acceso por parte dos menores:

http://www.ottawacitizen.com/Life/911+for+the+web/1516947/story.html

- Tamil protest on Parliament Hill:

Pro-Tamil demonstrators filled the lawn of Parliament Hill Tuesday afternoon, estimating the crowd at 10,000

http://www.ottawacitizen.com/news/videos/index.html#hxnBRUxIvaVQ_zkyAuwL6gSz5IMVfXzu

→ No CommentsTags: The Ottawa Citizen