O blog de Tino

Entries from Xuño 2009

Compostela – Fisterra 17 Xuño 2009

Xuño 19th, 2009 · 10 Comments

E chegaron Kari e Sandi ao final do Camiño francés de Santiago, despois de 36 etapas que lles deron para ter un sinfín de historias que contar….

O encontro na praza do Obradoiro as 13:00 horas con Antón, Víctor, José Manuel e Tino foi toda unha explosión de xúbilo e ledicia

Coas présas nin nos fixemos foto diante da Catedral…. a quen se lle diga!!..

Fomos comer en Casa Felisa na zona vella, nun xardín e a gozar do marabilloso día que tivemos onte, e aí comezou o bombardeo de anécdotas da súa viaxe….

Xa para tomar o café no xardín do Hotel Costa Vella, chegou o torbellino de Fernando Domenech, por certo… hai unha foto de ese cafe que non me enviastes!!

Despois de despedirnos de Víctor, comezou o noso roteiro por Muros, Carnota, Ézaro e Fisterra….

muros_2 carnota_2 finisterrae_2

non digades que non daba gusto contemplar o océano atlántico desde o faro

o que non ten nome, é o no ritual de deixar alí algo…. habíalles que cobrar !!

para mostra un botón e a cara que lles quedou a elas…. jejeje

ritual_2   ritual   sin comentarios

e xa de volta para Santiago, esta vez polo interior para que puideran contrastar a diferencia de paisaxe….

e en Santiago a ledicia de encontrarnos con Camino e Diego….

praterias_2  Foi un dia redondo, coa promesa de Kari de volvernos a ver en breve…. pois para os que non estábades, decirvos que quere vir traballar e aprender español o próximo curso….   pero seguiremos en contacto…

Por certo, lanzo a proposta de xuntarnos de novo antes de comezar o curso…  a ver se aínda alguén lee o blog…. jeje

e así desta volta poderíamos contar  coa afamada Fernanda que se codea coa elite do deporte e a música !

Saúdos a tod@s e bo verán

Tags: Cidades Visitadas