O blog de Tino

Compostela – Fisterra 17 Xuño 2009

Xuño 19th, 2009 · 10 Comments

E chegaron Kari e Sandi ao final do Camiño francés de Santiago, despois de 36 etapas que lles deron para ter un sinfín de historias que contar….

O encontro na praza do Obradoiro as 13:00 horas con Antón, Víctor, José Manuel e Tino foi toda unha explosión de xúbilo e ledicia

Coas présas nin nos fixemos foto diante da Catedral…. a quen se lle diga!!..

Fomos comer en Casa Felisa na zona vella, nun xardín e a gozar do marabilloso día que tivemos onte, e aí comezou o bombardeo de anécdotas da súa viaxe….

Xa para tomar o café no xardín do Hotel Costa Vella, chegou o torbellino de Fernando Domenech, por certo… hai unha foto de ese cafe que non me enviastes!!

Despois de despedirnos de Víctor, comezou o noso roteiro por Muros, Carnota, Ézaro e Fisterra….

muros_2 carnota_2 finisterrae_2

non digades que non daba gusto contemplar o océano atlántico desde o faro

o que non ten nome, é o no ritual de deixar alí algo…. habíalles que cobrar !!

para mostra un botón e a cara que lles quedou a elas…. jejeje

ritual_2   ritual   sin comentarios

e xa de volta para Santiago, esta vez polo interior para que puideran contrastar a diferencia de paisaxe….

e en Santiago a ledicia de encontrarnos con Camino e Diego….

praterias_2  Foi un dia redondo, coa promesa de Kari de volvernos a ver en breve…. pois para os que non estábades, decirvos que quere vir traballar e aprender español o próximo curso….   pero seguiremos en contacto…

Por certo, lanzo a proposta de xuntarnos de novo antes de comezar o curso…  a ver se aínda alguén lee o blog…. jeje

e así desta volta poderíamos contar  coa afamada Fernanda que se codea coa elite do deporte e a música !

Saúdos a tod@s e bo verán

→ 10 CommentsTags: Cidades Visitadas

Aeroportos

Maio 9th, 2009 · 33 Comments

e xa desde a casa en Coruña, escribo este último artigo…

aínda que xa meterei mañá domingo as fotos e contarei a experiencia dunha viaxe de regreso de 25 horas e media, das que unhas 11 horas foron de espera nos aeroportos…. Marta (Read Leaf), isto é un aspecto do programa moi mellorable !.

Espero que  tanto a Angel como a Víctor lles chegara a maleta que lles faltaba….

E que o roubo do bolso de Carmen, xa no aeroporto de Vigo, quedase nun susto, aínda que me temo que non foi así

boas noites

Só decirvos que chegamos todos e moi felices de estar na casa…

Aquí están algunhas das fotos da viaxe:

oso_canada espera_montreal yoga_en_paris

Na primeira, máis vale quedar a ben coa policía montada do canadá!, que por certo só vimos no aeroporto de montreal, e non se lles poden facer fotos, non e así Miguel?; polo que o único que se deixou fotografiar foi o oso. Na 2ª foto, dúas formas de levar o tempo de espera, Carmen e Miguel. Afortunadamente poidemos regresar nun Airbus e a viaxe foi moito máis amena e cómoda que no Boeing da ida, aínda así, os deportistas tiveron a necesidade de facer estiramientos pola mañá, xa no aeroporto Charles de Gaulle, mentras outros adicábanse ao pracer de fumar. E poucos fomos os que non caemos rendidos nos brazos de Morfeo, nas máis de 6 horas de espera, grazas aos portátiles e unha boa conversa, e para mostra 3 fotos:

camino fernando carmen penso que máis ou menos dentro dun mes xuntaremonos co motivo da viaxe de Kari, e claro que haberá máis fotos, así que ata daquela…

Moitas grazas a tod@s.

Tino

→ 33 CommentsTags: Canada

É de ben nacidos ser agradecidos

Maio 8th, 2009 · 8 Comments

Este blog saíu adiante gracias a:

- conexión sen fíos proporcionada pola miña Homestay family: Naylor-Rose, a verdade é que vai moi rápida a conexión, e iso que ás veces estábamos os 3 conectados ao mesmo tempo…

- e ao soporte 24 horas que me proporcionou Roberto Romero, solventando ás dúbidas e problemas que xurdiron sobre a marcha, que aínda foron  unhas cuantas….

- e os comentarios dos lectores

penso que aínda haberá tempo para un novo artigo desde o aeroporto se conseguimos wifi-free ;-) )

→ 8 CommentsTags: Canada

Potluck & Farewell with Hosts

Maio 8th, 2009 · 6 Comments

Pola tarde, foi o momento de facer balance da nosa experiencia: Reflection & Reporting, aínda que houbo algún desaparecido…. aínda tivemos tempo de dar un último paseo polo Downtown, para as 19:00 no salón de actos do 440 Albert street, chegou o momento da despedida oficial, algo sencillo e moi familiar e agradable, aqui van algunhas fotos desta despedida oficial, e con Diploma incluído,… será baremable ????

naylortino tobyjose rhs_teachers

Quero dar as Grazas máis sinceras a miña nai adoptiva Naylor, por todo o que se esforzou por facerme sentir como en casa, e invitarme á súa casa nunha próxima viaxe de vacacións, pois como ela di, aínda me queda moito por coñecer.

Agradecer a Jose, o feito de compartir á súa titora: Toby, do Glebe High School, foi toda unha experiencia que me serviu para ver outro xeito de traballar cos alumnos, con resultados moi interesantes e produtivos, e a acollida que tiven, aínda que xa estabamos case ao final do programa, GRAZAS TOBY polo teu entusiasmo e adicación, e os marabillosos traballos que me pasaches….

E a última foto, non podía faltar Manuel, quen me fixo máis ameno o meu paso polo RHS, por facer de intermediario cara ao acceso as clases doutros profesores, que o seu titor (con él na foto) encargouse de darlle clases alternativas as que poder asistir, e así fun a clases de Canadian Law co profesor MacDonald, e mesmo o último día Manuel deixoume participar con el na exposición dunha presentación sobre o sistema político español, ben … non sei se me deixou participar o utilizoume como contrapunto para provocar o debate entre os alumnos…  dun xeito ou outro.. resultou moi enriquecedora a experiencia, Grazas Manuel por todo.

E nas fotos seguintes están:

1.- Kari -alma mater da nosa estancia-, como se nos pasou o tempo conversando no bus camiño a Montreal

2.- May ( inglés e francés) moi atenta e sempre interesándose por como o estabamos a pasar e Fernando (latín)

3.- e os magníficos trovadores: Miguel e Antón, que sería dunha festa sen música?….

kari_hanes mayfernando trovadores

teño que agradecer a todo o grupo, a súa axuda na fin de semana de Quebec, e en especial a Víctor, Fernanda ao final non te animaches… deixámolo para outra ocasión… jejeje  ou mellor que non… polo que me toca !!

e como non, a todo o grupo, pois a verdade é que se formou un grupo ben apañado…..

ben, ainda nos queda o regreso… que son case outras 24 horas xuntos….. así que ánimo…

saúdos a tod@s os «enganchados» ao meu blog, tócame facer a maleta, a ver si entra todo…..

→ 6 CommentsTags: Ottawa 09

Para os futuros participantes…

Maio 7th, 2009 · 12 Comments

toda información relacionada co programa vos será suministrada sentados ao redor dunha mesa, onde haberá productos típicos da terra acompañados de bo viño, cafes, e licores tradicionais…..

asi que idevos organizando…. jajaja

saúdos

→ 12 CommentsTags: Canada

The Ecstasy of Rita Joe

Maio 6th, 2009 · 8 Comments

para que vos vaiades ambientando os futuros visitantes, aquí vai o enlace da obra de teatro que vimos onte…

http://www.canadiantheatre.com/dict.pl?term=The%20Ecstasy%20of%20Rita%20Joe

aínda que despois de 100 horas na EOI, isto será pan comido para vós…

→ 8 CommentsTags: Ottawa 09

Teremos Auxiliar Inglés de Conversa no 2009-2010

Maio 6th, 2009 · 6 Comments

Por fin… unha boa noticia !!

saíu publicada onte a resolución provisional da Consellería, e teremos un Auxiliar de Conversa en Inglés…

aquí está o enlace desde onde se pode acceder ao arquivo coa resolucion:

http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/?q=node/301

a ver se imos paso a paso consolidando os Programas Europeos

Noraboa a tod@s os que o fixemos posible.

Grazas

→ 6 CommentsTags: CIFP

Kitigan Zibi

Maio 5th, 2009 · 6 Comments

aqui van algunhas fotos…

escola pijashig moose-afumado

a verdade é que nos recibiron do mellor xeito posible, e ademáis e como podedes comprobar tivemos a honra de comer «Moose» afumado moi lentamente, cun pan especial que fixeron especialmente para nós.

xantar-tipico moose1 l-d

aqui tedes a foto da comida, unha matrícula cun «MOOSE» e un pequeno dicionario dos dias da semana

por certo, esta «excursión» foi organizada polo Ridgemont High School, nunha clase de Xeografía, pola profesora Ms. Turcot, a quen lle debemos agradecer que nos comentase a posibilidade de acompañala na viaxe…

saúdos

→ 6 CommentsTags: Ridgemont

Kingston

Maio 5th, 2009 · 11 Comments

como aínda non é temporada, pois comeza o 15 de maio, non puidemos facer o cruceiro das 1.000 illas

pero como para mostra chega un botón…

logo_kingstom   concello   casas_tipicas

→ 11 CommentsTags: Cidades Visitadas

Niágara Falls

Maio 5th, 2009 · 3 Comments

unha cousa e mirar as cataratas, a que de verdade merece a pena, son as de Canada, a dos EUA non teñen nada que facer ao seu lado… pero hai que velas coa luz do día…

eua niagara_falls_1 perfil

e despois de noite, a vista é a seguinte:

eua_noite iluminacion niagara_falls_1_noite

fixádevos en como se nota a auga pulverizada, que sobe e pasa por diante dos focos…

e outa cousa é o que tes ás costas, aseméllase máis a idea que podamos ter de «Las Vegas» nos EUA que outra cousa

→ 3 CommentsTags: Cidades Visitadas