Acabo de aprobar o exame de certificación de Zend en PHP5 (ou como dín eles, PASS THE EXAM, porque o exame é en inglés).

O exame consistía nun test de 70 preguntas acerca de PHP e de todas as tecnoloxías relacionadas (MySQL, XML, Soap, Patróns, …) a contestar en 90 minutos (sobroume algún, pero non moitos). As preguntas podían ter respostas multiples, ou ter que encher un oco co nome da función ou da directiva relacionada. O exame foi moito máis difícil do que esperaba, que xa era dabondo, e foron poucas as preguntas, que lidas e de primeiras era quen de coñecer a súa resposta con seguridade.

A utilidade, pois era máis ben un reto persoal, pois aparte de poder poñelo no meu currículo, empregar o logo para poñelo neste blog ou na firma dalgún correo, e aparecer no listado das páxinas amarelas de Zend (a empresa fabricante do PHP) de posuidores do certificado (só 26 en España, e só 5 no que vai de ano, o que xa da idea do sinxelo que é conseguilo) , para pouco máis me vai servir. Minto, para decatarme do moito que me queda por aprender de PHP, terei que seguir aprendendo.

Listado de posuidores en España da certificación Zend PHP5 Certified Engineer

Acreditación persoal como Zend PHP5 Certified Engineer

Zend PHP5 Certified Engineer