PHP Xuño 1st, 2009
En PHP podemos acceder os ficheiros situados no ordenador que ten o servidor web. Para elo, normalmente, o primeiro que teremos que facer é abrir o arquivo coa función fopen indicando o nome do ficheiro e o modo no que abrimos ese ficheiro. Os modos dispoñibles son os seguintes:
$id = fopen("ficheiro.txt","r+");
r: O ficheiro ábrese para ler, situando o punteiro de lectura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe prodúcese un warning (e evidentemente non se crea o ficheiro).
r+: O ficheiro ábrese para ler e escribir, situando o punteiro de lectura/escritura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe prodúcese un warning (e evidentemente non se crea o ficheiro).
w: O ficheiro ábrese para escribir, situando o punteiro de escritura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro, e se existe truncase o seu tamaño a cero (e dicir, baleirase, ou visto doutro xeito, é como se se borrase e se volvese a crear baleiro). Polo tanto os datos que haxa no seu interior pérdense.
w+: O ficheiro ábrese para escribir e ler, situando o punteiro de escritura/lectura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro, e se existe truncase o seu tamaño a cero (e dicir, baleirase, ou visto doutro xeito, é como se se borrase e se volvese a crear baleiro). Polo tanto os datos que haxa no seu interior pérdense.
a: O ficheiro ábrese para engadir (escribir), situando o punteiro de escritura ao final do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro.
a+: O ficheiro ábrese para engadir (escribir) e ler, situando o punteiro de escritura/lectura ao final do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro.
x: O ficheiro ábrese para escribir, situando o punteiro de escritura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro existe prodúcese un warning. E dicir, para empregar este modo o ficheiro non debe existir, e crease un novo e situase o punteiro de escritura ao seu comezo.
x+: O ficheiro ábrese para escribir e ler, situando o punteiro de escritura/lectura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro existe prodúcese un warning. E dicir, para empregar este modo o ficheiro non debe existir, e crease un novo e situase o punteiro de escritura/lectura ao seu comezo.
Leave a Reply
You must be logged in to post a comment.