Un novo enxeñeiro PHP

PHP No Comments »

Acabo de aprobar o exame de certificación de Zend en PHP5 (ou como dín eles, PASS THE EXAM, porque o exame é en inglés).

O exame consistía nun test de 70 preguntas acerca de PHP e de todas as tecnoloxías relacionadas (MySQL, XML, Soap, Patróns, …) a contestar en 90 minutos (sobroume algún, pero non moitos). As preguntas podían ter respostas multiples, ou ter que encher un oco co nome da función ou da directiva relacionada. O exame foi moito máis difícil do que esperaba, que xa era dabondo, e foron poucas as preguntas, que lidas e de primeiras era quen de coñecer a súa resposta con seguridade.

A utilidade, pois era máis ben un reto persoal, pois aparte de poder poñelo no meu currículo, empregar o logo para poñelo neste blog ou na firma dalgún correo, e aparecer no listado das páxinas amarelas de Zend (a empresa fabricante do PHP) de posuidores do certificado (só 26 en España, e só 5 no que vai de ano, o que xa da idea do sinxelo que é conseguilo) , para pouco máis me vai servir. Minto, para decatarme do moito que me queda por aprender de PHP, terei que seguir aprendendo.

Listado de posuidores en España da certificación Zend PHP5 Certified Engineer

Acreditación persoal como Zend PHP5 Certified Engineer

Zend PHP5 Certified Engineer

Ler o contido dun ficheiro

PHP No Comments »

Hai unha chea de método para ler o contido dun ficheiro, xa aberto para lectura:

$id = fopen("ficheiro.txt","r");

while (!feof($id))
	echo fgets($id)."<br />";

echo ftell($id)."<br />";
fseek($id,0);
while (!feof($id))
	echo fread($id,2);		

echo ftell($id)."<br />";
rewind($id);
while (($letra = fgetc($id)) !== FALSE)
	echo $letra;	

$liñas = file("ficheiro.txt");
foreach ($liñas as $liña)
	echo $liña . "<br />";		

readfile("ficheiro.txt");

echo file_get_contents("ficheiro.txt");
fclose($id);
  • fgetc: Obtén un carácter dende a posición actual do punteiro, e móveo un byte cara adiante
  • fgets: Obtén unha cadea dende a posición actual do punteiro ata o seguinte salto de liña atopado, e move o punteiro ata o seguinte byte ao salto de liña
  • fgetss: Igual que a anterior pero elimina da cadea todas as etiquetas HTML e código PHP
  • fread: Obtén unha cadea dende a posición actual do punteiro ata o número de bytes indicados ou o final do ficheiro, e move o punteiro ata o seguinte byte ao último devolto
  • file: Devolve un array que contén en cada elemento unha liña do ficheiro indicado. Esta función recibe como primeiro parámetro o nome do ficheiro e non o identificador deste, polo que non é necesarioabrir o ficheiro con fopen antes de empregar esta función.
  • readfile: Envia a saída estandar (navegador) o contido do ficheiro. Esta función recibe como primeiro parámetro o nome do ficheiro.
  • file_get_contents: Devolve un string que contén o contido do ficheiro. Esta función recibe como primeiro parámetro o nome do ficheiro.
  • Para movernos polo ficheiros dispoñemos das seguintes funcións:

  • ftell(): Indícanos en que byte está posicionados o punteiro
  • fseek(): Posiciona o punteiro no byte indicado
  • rewind(): Posiciona o punteiro no byte 0
  • feof(): Devolve True cando o punteiro alcanza o final do ficheiro
  • Ollos cos modos de apertura dun arquivo

    PHP No Comments »

    En PHP podemos acceder os ficheiros situados no ordenador que ten o servidor web. Para elo, normalmente, o primeiro que teremos que facer é abrir o arquivo coa función fopen indicando o nome do ficheiro e o modo no que abrimos ese ficheiro. Os modos dispoñibles son os seguintes:

    $id = fopen("ficheiro.txt","r+");
    
  • r: O ficheiro ábrese para ler, situando o punteiro de lectura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe prodúcese un warning (e evidentemente non se crea o ficheiro).
  • r+: O ficheiro ábrese para ler e escribir, situando o punteiro de lectura/escritura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe prodúcese un warning (e evidentemente non se crea o ficheiro).
  • w: O ficheiro ábrese para escribir, situando o punteiro de escritura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro, e se existe truncase o seu tamaño a cero (e dicir, baleirase, ou visto doutro xeito, é como se se borrase e se volvese a crear baleiro). Polo tanto os datos que haxa no seu interior pérdense.
  • w+: O ficheiro ábrese para escribir e ler, situando o punteiro de escritura/lectura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro, e se existe truncase o seu tamaño a cero (e dicir, baleirase, ou visto doutro xeito, é como se se borrase e se volvese a crear baleiro). Polo tanto os datos que haxa no seu interior pérdense.
  • a: O ficheiro ábrese para engadir (escribir), situando o punteiro de escritura ao final do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro.
  • a+: O ficheiro ábrese para engadir (escribir) e ler, situando o punteiro de escritura/lectura ao final do ficheiro. Se o ficheiro non existe crease un novo baleiro.
  • x: O ficheiro ábrese para escribir, situando o punteiro de escritura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro existe prodúcese un warning. E dicir, para empregar este modo o ficheiro non debe existir, e crease un novo e situase o punteiro de escritura ao seu comezo.
  • x+: O ficheiro ábrese para escribir e ler, situando o punteiro de escritura/lectura ao comezo do ficheiro. Se o ficheiro existe prodúcese un warning. E dicir, para empregar este modo o ficheiro non debe existir, e crease un novo e situase o punteiro de escritura/lectura ao seu comezo.

  • Deseñado por Norick - WPMU Theme pack by WPMU-DEV.
    Entries RSS Comments RSS Iniciar sesión