E máis funcións de arrays

PHP No Comments »
  • range: devolve un array con todos os valores entre dous límites dados, que poden ser numéricos, ou letras. Tamén se pode por un terceiro parámetro, que é o salto entre cada dous valores consecutivos. (http://es.php.net/manual/es/function.range.php)
    var_export(range(2,6)); //Devolve array(2,3,4,5,6)
  • explode: converte unha cadea en un array, cortando a cadea en elementos por un elementos separador indicado
    var_export(explode("|","un|dous|tres")); // Devolve array("un","dous","tres");
  • implode: converte un array en unha cadea, separando os elementos un doutro por un caracter separador indicado
    var_export(implode("#",array("un","dous","tres"))); // Devolve a cadea "un#dous#tres"
  • array_merge: Combina os elementos de varias matrices. Os índices numéricos son recalculados (a diferenza do operador + que non cambiaba os índices). Se un índice se repite, obtense só o derradeiro dos valores (a diferenza tamén do operador + que obtiña o primeiro) (http://es.php.net/manual/es/function.array-merge.php)
  • array_pad: Completa un array ara que teña o número de elementos indicado no segundo parámetro, enchendo para elo cos elementos indicados no terceiro parámetro. (http://es.php.net/manual/es/function.array-pad.php)
  • array_fill: Crea un array que comenza no índice indicado no primeiro parámetro, co número de elementos indicado no segundo parámetro e co valor en todos eles indicado no terceiro parámetro. (http://es.php.net/manual/es/function.array-fill.php)
  • array_splice: Sustitue ou elimina unha porción do array indicando, indicándolle onde empezar a sustituir, cantos elementos sustituir, e o elementos polo que se sustitue (se non se indica ningún elimínase en troques de sustituir) (http://es.php.net/manual/es/function.array-splice.php)
  • array_slice: Extrae unha porción do array indicado, indicándolle onde empezar, e cantos elementos extraer. (http://es.php.net/manual/es/function.array-slice.php)
  • compact: Obtén un array a partires dun conxunto de variables. Os parámetros pasados a compact, deben ser unha lista de cadeas, contendo cada una delas, o nome dunha variable. Crearase un array que teña como índices os nomes das variables e como valores os contidos destas. (http://es.php.net/manual/es/function.compact.php)
  • extract: Obtén unha serie de variables a partires dun array asociativo, onde os nomes das variables son os índices do array e os valores das variables os valores do array. (http://es.php.net/manual/es/function.extract.php)
  • array_count_values Conta cantas veces aparece cada valor no array orixinal (http://es.php.net/manual/es/function.array-count-values.php)
  • array_keys: Obtén os índices do array orixinal eliminando os valores e devolve este índices como valores (http://es.php.net/manual/es/function.array-keys.php)
  • array_values: Obten os valores do array orixinal eliminando os índices existentes (http://es.php.net/manual/es/function.array-values.php)
  • Para manexar arrays, unha chea de funcións:

    PHP No Comments »

    Hai unha morea de funcións para o manexo de arrays, algunha delas son:

  • list: permite asiganar valores dun array a variables individuais (http://es.php.net/manual/es/function.list.php)
    list($un,$dous,$tres)=array(1,2,3);
  • array_key_exists: permite saber se no array existe un elemento co índice indicado (http://es.php.net/manual/es/function.array-key-exists.php)
    echo array_key_exists('a',$matriz);
  • in_array: permite saber se no array existe un elemento co valor indicado (http://es.php.net/manual/es/function.in-array.php)
    echo in_array(2,$matriz);
  • aray_flip: intercambia os índices polos valores e os valores polos índices (http://es.php.net/manual/es/function.array-flip.php)
    $a = array('a','b','c');
    var_dump(array_flip($a)); // Devolve array("a"=>0,"b"=>1,"c"=>2,)
  • array_reverse: intercambia a orde dos valores do array (o derradeito pasa a ser o primeiro) sustituíndo os índices numéricos por uns novos e mantendo os de texto (http://es.php.net/manual/es/function.array-reverse.php)
    $a = array('x'=>'a',10=>'b','c');
    var_dump(array_reverse($a)); // Devolve array(0=>"c",1=>"b","x"=>"a")
  • array_rand; devuelve al azar un número de claves de un array (http://es.php.net/manual/es/function.array-rand.php)
    $claves = array_rand($matriz,2); // $claves será un array con dúas claves da matriz obtidas de forma aleatoria
  • array_walk: Aplícalle unha función a cada un dos elementos dun array (http://es.php.net/manual/es/function.array-walk.php)
  • o operador == Devolve VERDADEIRO se os dous arrays teñen o mesmo número de elementos, cos menos pares índice valor, aínda que sexa en orde distinto
    $a=array(1,2,3);
    $b=array( 1=>2, 2=>3, 0=>1);
    var_dump($a==$b) //Devolve VERDADEIRO
  • o operador === Devolve VERDADEIRO se os dous arrays teñen o mesmo número de elementos, cos menos pares índice valor, e no mesmo orde
    var_dump($a===$b) //Devolve FALSO
  • Amosar de xeito sinxelo o contido dun array

    PHP No Comments »

    Temos tres funcións para amosar de forma sinxela o contido dun array (e de variables doutros tipos):

  • print_r: É como print, pero recursivo para poder amosar o contido dos arrays. Pode amosalo por pantalla (comportamento por defecto) ou devolvelo nun array (se o segundo parámetro e TRUE)
    $matriz1 = array(1=>1, 2=>2, 3=>3,)
    print_r($matriz1);
    // Amosa Array([1]=>1, [2]=>2, [3]=>3)
    $salida = print_r($matriz1,TRUE);
    recho $salida; // Imprime Array([1]=>1, [2]=>2, [3]=>3)
    
  • var_dump: Amosa o contido do array, indicando o número de elementos e o tipo de cada un dos elementos. Pode amosar o contido de varias variables ao mesmo tempo
    var_dump($matriz1);
    // Amosa array(3){[1]=>int(1), [2]=>int(2), [3]=>int(3)}
    
  • var_export: Similar a var_dump, pero devolvendo código PHP válido
    var_export($matriz1);
    // Amosa array(1=>1, 2=>2, 3=>3)
    
  • Argallando cos arrays

    PHP No Comments »

    Algunhas das cousas a ter en conta ao traballar cos arrays son:

    Se nun array definimos dous elementos co mesmo indíce, so se garda no array o derradeiro

    $c = array('0'=>1,1=>2,0=>5);
    $c[]=10;
    var_export($c);  // Amosa array ( 0 => 5, 1 => 2, 2 => 10, )
    

    Se se engade o array un elemento sen índice numérico definido, asignaralle de xeito automático un numérico que será o seguinte numero enteiro ao maior índice numérico existente no array. Se non hai ningún asignalle 0, e se o maior é negativo asignalle cero tamén.

    $a = array(6=>1);
    $a[]=10;
    var_export($a);  // Amosa array ( 6 => 1, 7 => 10, )
    b = array(-6=>1);
    $b[]=10;
    var_export($b);  // Amosa array ( -6 => 1, 0 => 10, )
    $c = array('a'=>1);
    $c[]=10;
    var_export($c);  // Amosa array ( 'a' => 1, 0 => 10, )
    

    Os índices expresados en octal (un cero a esquerda do número) ou en hexadecimal (0x a esquerda) nunha cadea manteñense como índices alfanuméricos (e non se converten a numéricos).

    $a = array('0x10'=>1);
    $a[]=10;
    var_export($a);    // Amosa array ( '0x10' => 1, 0 => 10, )
    

    Os índices expresados en octal (un cero a esquerda do número) ou en hexadecimal (0x a esquerda) como números convértense a números enteiros.

    $a = array(0x10=>1);
    $a[]=10;
    var_export($a);   // Amosa array ( 16 => 1, 17 => 10, )
    

    Deseñado por Norick - WPMU Theme pack by WPMU-DEV.
    Entries RSS Comments RSS Iniciar sesión