Incluíndo uns arquivos noutros
PHP No Comments »En PHP para poder incluir no noso script código situado noutro arquivo, podemos incluir o segundo arquivo no noso script. Para elo dispoñemos de catro instrucións:
- include(“ficheiro_a_incluir.php”); : Inclúe o código contido no ficheiro a incluir nese punto do script, como se abrísemos o ficheiro a incluir e copiásemos o seu contido nese punto do noso script.
- require(“ficheiro_a_incluir.php”); : Igual que include, pero a diferencia deste, se o ficheiro_a_incluir non existe produce un fatal error e detén a execución do código a diferenza de inclúe que so produce un warning
- include_once(“ficheiro_a_incluir.php”); : Igual que include, pero só se inclúe o código unha vez durante todo o script, isto quere dicir que se xa se incluíu nun punto anterior do script non se volverá a incluír neste punto.
- require_once(“ficheiro_a_incluir.php”);: Igual que require, pero só se inclúe o código unha vez durante todo o script, isto quere dicir que se xa se incluíu nun punto anterior do script non se volverá a incluír neste punto.
Máis información na axuda oficial: http://www.php.net/manual/es/function.include.php e http://www.php.net/manual/es/function.require.php