Algo onde gardar, as variables

PHP No Comments »

O que hai que saber das variables en PHP é o seguinte:

- Que son debilmente tipadas, e dicir, que non hai que indicar de que tipo son.
- Que non fai falla inicializalas, ainda que é moi recomendable
- Que comezan polo símbolo $
- Que a continuación do símbolo $ deben levar ou unha letra ou un guión baixo _
- Que despois poden levar calquera cantidade de letras, guións baixos ou números
- Que son sensibles a maiúsculas, e dicir, $casa , $Casa e $CASA son tres variables distintas.

Máis información na axuda oficial: http://es.php.net/manual/es/language.variables.basics.php

Facendo maxia cos tipos

PHP No Comments »

PHP non é unha linguaxe fortemente tipada, é dicir, non hai que dicirlle de que tipo é unha variable, pois o seu tipo depende do seu contido. E como o contido pode variar co tempo, tamén pode variar o tipo dunha variable.
Cando se fan operacións tamen pode haber problemas, xa que o tipo dos operandos pode non ser o mesmo ou non ser o axeitado para cada caso. Tamen neses casos PHP ten unha solución. Chámase conversión de tipos.

A conversión de tipos consiste en forzar de forma explícita (indicándollo) ou implícita (de xeito automático) que unha variable pase a ser dun tipo a outro (co cambio do seu contido correspondente).

A conversión automática (implícita) faina PHP sen a intervención do programador: a booleanos, a números enteiros, a números flotantes, a cadeas, a matrices, a obxetos, e a recursos.

As conversións explícitas fanse mediante o moldeado de tipos, que consiste en por diante (a esquerda) da variable, operando, ou elemento dun tipo determinado o novo tipo o que se quere convertir entre parénteses.

  $a = 10;
  $b = (boolean) $a;
  $c = 5.3;
  $d = (int) $c;

Máis información sobre a conversión entre tipos de datos na axuda oficial: http://es.php.net/manual/es/language.types.type-juggling.php

Máis tipos de datos

PHP No Comments »

Outros tipos que se poden empregar en PHP son os tipos compostos:

  $vector = array(1,3,5 => 'a', 'b' => "cadea", '25a' => 13.6);
  $instancia = new clase();

e outros tipos simples:

  $nulo = NULL;

Os enteiros tamén teñen truco

PHP No Comments »

Se asignamos a unha variable un número enteiro que comence por 0, é posible que teñamos un problema. Vexamos:

  $a = 12;
  $b = 012;

Aínda que pareza que $a e $b teñen o mesmo contido, non é certo, mentras $a contén o número decimal 12, $b contén o número decimal 10. Isto é asi, porque en PHP se escribimos un literal representando un número enteiro, e ese literal comenza por 0, enténdese que está representando en Octal (base8, e dicir, con símbolos entre 0 e 7).

Máis información na axuda oficial: http://es.php.net/manual/es/language.types.integer.php

Números e cadeas funcionan como boolean

PHP No Comments »

Esta afirmación non é de todo certa. O si pasa en PHP é que se emrpegamos unha variable ou máis ben un tipo de dato que non é booleano cunha construción que requira un booleano, PHP fará unha conversión implicita seguindo as seguintes regras:

- Un número distinto de cero é VERDADEIRO e calquer outro número FALSO
- Unha cadea vacia ou que contén só un 0 e FALSO, calquera outra é VERDADEIRO.

Máis información na axuda oficial:
http://es.php.net/manual/es/language.types.boolean.php

Ollo cos flotantes, son traicioneiros

PHP No Comments »

En PHP (e noutras lingaxes) os números flotantes non son adecuados para representar números con parte decimal onde a precisión sexa importante.

Por exemplo, se temos as seguintes variables:

  $a = (0.1 + 0.7) * 10;
  $b = 8;

podemos pensar que ambas teñen o mesmo valor, pero se as comparamos vemos que non é certo:

  if ($a==$b) echo "Iguais"
  else echo "Non iguais";

O exemplo anterior, amosa que as duas variables non son iguais, en realidade $a vale 7.999999 que se o convertimos a enteiro truncase a 7, co que non conten o mesmo valor que $b.

A explicación de por que sucede isto, na forma na que se representan os números flotantes. Isto faise mediante nunha representación interna nun formato chamado IEEE 754 que non é quen de representar todos os números flotantes, polo que algúns represéntanse cun valor aproximado (cun pequeño erro), e ahi esta o problema. Nas operacións propágase o erro e cando un se decata o número almacenado non é o que se pensa.

Polo tanto se se quere empregar números con decimales e non perder precisión, hay que empregar a extensión BCMath (http://php.net/manual/es/book.bc.php), se non importa perder algo de precisión podemos empregar os flotantes sen problemas.

Con que elementos podemos traballar: os tipos de datos escalares

PHP No Comments »

Os datos cos que se pode traballar en PHP poden ser de distintos tipos. Os máis sinxelos son os chamados escalares:

- Enteiros: Para representar números que non teñan parte decimal. http://es.php.net/manual/es/language.types.integer.php
- Flotantes: Para representar números que si teñan parte decimal http://es.php.net/manual/es/language.types.float.php
- Booleanos: Para representar os valores verdadeiro e falso http://es.php.net/manual/es/language.types.boolean.php
- Cadeas: Para representar secuencias de letras e/ou números e/ou outros símbolos http://es.php.net/manual/es/language.types.string.php

Podese atopar a teoría dos tipos escalares na axuda oficial.

Os comentarios, fundamentais

PHP No Comments »

Unha parte pouco valorada cando se fai un programa, son os comentarios, fundamentais a hora de manter e compartir un programa ou un proxecto. En PHP pódense empregar case todos os tipos de comentarios doutras linguaxes de programación:

  • Duas barras //
  • O símbolo #
  • Unha barra e asterisco para comezar /* co comentario e asterisco e barra para rematalo. */
  • Unha barra e dous asteriscos /** para comezar o comentario, un asterisco en cada liña * e asterisco e barra para rematalo */ .
<?php
// Comentario dunha liña

# Comentario dunha liña

/* Comentario
de varias liñas
*/

/**
 * Comentario con formato
 * JAVADoc
 * para empregar coa utilidade
 * PHP Documentor
 */
?>

Máis información na axuda oficial:
http://es.php.net/manual/es/language.basic-syntax.comments.php

Unha linguaxe de instrucións

PHP No Comments »

Un fragmento de código PHP está composto de instrucións (instrucións de control, chamadas a funcións, asignación de variables, saída de datos, directivas, …) cada unha separada da seguinte por un separador, o punto e coma ;.

<?php
  chamada_a_funcion();
  $variable = 'valor';
?>

Máis información na axuda oficial:
http://es.php.net/manual/es/language.basic-syntax.instruction-separation.php

Como escribir PHP nun arquivo HTML

HTML, PHP No Comments »

Nunha páxina que conteña código HTML, podese incluir código PHP que se excutará no servidor antes de enviar dita páxina HTML o navegador do usuario.

Para incluir dito código PHP temos que ter en conta as seguintes recomendacións:

- O servidor web, ten que ser quen de interpretar páxinas con código PHP. Para iso deberemos ter instalado no servidor web un módulo (ou cgi) que interprete dito código (podese descargar de balde de http://www.php.net/downloads.php)

- Temos que cambiarlle a extensión o arquivo que contén dito código, que pasará de ser .html ou .htm a .php (ou a extensión que o servidor web teña asociada co código PHP pois isto é configurable).

- Temos que incluir na páxina web o código PHP dentro das etiquetas <?php e ?>. Admitense outras etiquetas para indicar que esa parte é codigo PHP pero dependen da configuración do PHP, por iso estas son as recomendadas.

<?php
     ... codigo PHP ...
?>

Todo isto podese ver con máis detalle na axuda oficial:
http://es.php.net/manual/es/language.basic-syntax.phpmode.php


Deseñado por Norick - WPMU Theme pack by WPMU-DEV.
Entries RSS Comments RSS Iniciar sesión