Condicións de uso

Este documento foi redactado para recoller as condicións xerais que regulan o uso do servizo de blogs que o C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro pon a disposición da súa comunidade educativa como ferramenta de apoio ao ensino e aprendizaxe, accesible dende a dirección http://blog.cifprodolfoucha.es para a súa páxina inicial.

1. Aceptación destas normas

1.1. Condición de usuario. A utilización deste servizo implica a aceptación plena e expresa de todas as condiciones relacionadas neste documento, que o usuario deberá ler atentamente.

1.2. Modificación das normas. Os administradores da plataforma que presta este servizo resérvanse o dereito a modificar en calquera momento a configuración e contido do servizo, así como as condiciones requiridas para utilizalo.

2. Finalidade educativa

2.1. Propósito xeral. O obxectivo desta plataforma é proporcionar aos usuarios un espazo para a publicación e discusión de contidos relacionados con algún ámbito educativo, que trate de servir de apoio ao ensino e aprendizaxe desenvolvidos na nosa comunidade educativa.

3. Condicións de acceso e utilización

3.1. Usuarios. Calquera membro da comunidade educativa con identidade dixital nos servidores do C.I.F.P Rodolfo Ucha Piñeiro poderá solicitar a creación do seu propio blog. Nun principio non se establece límite no número de blogs que pode crear cada usuario aínda que se recomenda un uso restrinxido ás necesidades asociadas aos labores educativos.

3.2. Opcións do blog. O usuario con perfil de administrador dun blog determinará as distintas opcións de privacidade e seguridade con independencia do resto de blogs. Esta configuración afectará á súa xestión e funcionamento: moderación ou non dos comentarios enviados polos lectores; lectura pública ou privada (só para usuarios autentificados ou subscritos) de todos ou algúns dos artigos e páxinas; asignación de permisos de edición a outros usuarios, etc.

3.3. Contorno colaborativo. A plataforma permite a creación de contidos por parte de varios usuarios nun mesmo blog, o que fai posible o desenvolvementos de grupos de traballo de profesores ou alumnos do centro.

3.4. Acceso á conta de usuario. O acceso dos usuarios á xestión e administración dos blogs que posúen ou nos que participan faise a través dun mecanismo de autentificación mediante nome de usuario e contrasinal que deben existir no servidor LDAP do centro.

3.5. Cookies. A plataforma utilizará cookies para a xestión autentificada dos contidos, polo que será preciso que o usuario configure o seu navegador para permitilas e usar o enlace ‘Pechar a sesión’ para finalizar a sesión e eliminalas antes de pechar o navegador.

3.6. Respecto a normas de seguridade e acceso. Os usuarios da plataforma comprométense a respectar tanto o sistema hardware como software que soporta este servizo, a non difundir na rede virus ou calquera outro tipo de ameaza informática, a non tratar de acceder ás contas doutros usuarios e a non revelar a terceiros os seus datos de acceso.

3.7. Publicidade e spam. Queda expresamente prohibida a publicación de contidos ou enlaces comerciais, publicitarios e promocionais, así como mensaxes en cadea. Desta norma exclúese a utilización de enlaces para o recoñecemento da autoría dos temas, extensións, imaxes ou contidos multimedia que use calquera dos blogs que forman parte da plataforma. Así mesmo, prohíbese o envío masivo, repetitivo e intencionado dun mesmo comentario a un ou varios artigos da plataforma.

3.8. Contenidos non axeitados. Prohíbense expresamente os contidos racistas, ameazadores, abusivos, difamatorios, obscenos, de contido sexualmente explícito, de incitación á violencia ou ao odio racial, ou que propicien ou difundan actividades ilegais. Tamén queda prohibida a inclusión de enlaces a contidos deste tipo e todas aquelas prácticas que os promocionen directa ou indirectamente.

3.9 Propósito educativo. Os administradores da plataforma resérvanse o dereito a denegar, impedir ou retirar os contidos publicados, en calquera momento, a aqueles usuarios con blogs sen un propósito educativo explícito.

3.10. Autoría. Ningún artigo, páxina, comentario, imaxe, audio, vídeo, enlace, etc. que se publique en calquera dos blogs aloxados na plataforma considerarase anónimo.

3.11. Servizo de soporte. A plataforma proporcionará a los usuarios un servizo de soporte a través dos medios e sistemas dispoñibles en cada momento. As peticións de soporte dos usuarios deberán aterse aos procedementos e condicións establecidos e publicados na páxina principal da plataforma..

3.12. Funcionalidade. Os blogs deberán aterse ás funcionalidades dispoñibles en cada momento. Con criterio xeral, os administradores da plataforma non instalarán temas ou plugins (extensións) a solicitude dos usuarios. Non obstante, estes poderán realizar peticións motivadas para a instalación de temas, traducións ou complementos. En calquera caso, estas solicitudes poderán ser denegadas.

3.13. Ficheiros. Cada usuario dispoñerá dunha cota de almacenamento de ficheiros que se establecerá en función da demanda e das capacidades do servidor utilizado. Inicialmente, pódense aloxar os seguintes tipos de ficheiro: jpeg, png, gif, mp3, mov, avi, wmv, midi, pdf, doc e odt.

4. Responsabilidade

4.1. Responsabilidade sobre os contidos. A responsabilidade dos contidos publicados en cada blog corresponde aos respectivos autores.

4.2. Prexuízos. O C.I.F.P Rodolfo Ucha Piñeiro non será responsable dos prexuízos derivados de infraccións de calquera usuario que afecten aos dereitos doutros usuarios ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marca, patentes, información confidencial ou calquera outro dereito de propiedade intelectual e industrial. Do mesmo xeito, os usuarios deberán responder ante os prexuízos que a plataforma poda sufrir como consecuencia do incumprimento destas condiciones xerais en relación coa utilización do servizo.

4.3. Autorización de reprodución. O contido dos blogs aloxados na plataforma non deberán ser reproducidos noutros medios sen a autorización previa dos seus responsables, salvo nos supostos contemplados no dereito de cita.

4.4. Garantía de veracidade. A plataforma non se fará responsable, nin responderá de ningún xeito dos contidos ou opinións publicados ou referenciados a título persoal polos usuarios do servizo. Tanto os artigos ou enlaces creados polos usuarios de cada blog como os comentarios enviados polos lectores, con ou sen la moderación de aqueles, serán publicados directamente sen ningún tipo de moderación intermedia por parte dos administradores da plataforma.

4.5. Incumprimentos. Os administradores da plataforma resérvanse o dereito a denegar, impedir e retirar os contidos publicados daqueles blogs que incumpran as condicións de publicación establecidas neste documento, así como o dereito de eliminar e se procede, gardar e poñer a disposición xudicial, aqueles contidos publicados que incumpran a normativa legal vixente.

5. Denegación do servizo.

5.1. Mantemento. Os administradores da plataforma resérvanse o dereito a suspender temporalmente, aínda sen aviso previo, o acceso ao servizo por motivos de mantemento, reparación, actualización ou mellora.

5.2. Denegación do acceso. Igualmente, resérvanse o dereito a denegar a utilización do servizo e a retirar os contidos publicados a aqueles usuarios que incumpran algunha das condicións de uso e publicación relacionadas neste documento.